domingo, 22 de maio de 2016

Rematou a tempada oficial das ligas Xogade

Xa está. A tempada 2015-2016 das ligas Xogade chegou ao seu fin. Sempre hai un punto de nostaxia nestes finais. Péchase un ano de alegrías, tristezas, bágoas, risas pero, sobre todo, esperemos, de crecemento coma xogadores e coma personas.

Basta de melancolía, empecemos xa o resumo da xornada!

Onte, sábado 21, os equipos mini masculino RESTAURANTE O PORTO FERRETERIA MELCHOR CBPS e mini femenino RESTAURANTE O PORTO CBPS  xogaban a fase final do campionato provincial da Coruña na Pobra do Caramiñal.

Os dous equipos chegaron a esa fase co recén título de liga no peito. E nunha mañá perfecta, tanto as chicas coma os chicos foro quen de acadar o título nas súas categorías, rubricando así o tremendo traballo que fixeron ao largo do ano.
Por parte dos chicos, convén recalcar o rol dos preminis Isma e Leoque cubriron as baixas de Mateo, Ramón, Victor e Enok, retidos noutros compromisos, á perfección.

Boys

Girls


Xuntos e revoltos, dous equipos, un club.

O domingo, turno á xornada de clausura das ligas Xogade.
En Boiro, todos os equipos implicados nestas ligas, o babybasket DEPORTES HERMIDA CBPS, os premini EXCAVACIONES DARÍO CBPS e PORTOFINO CBPS, os mini RESTAURANTE O PORTO FERRETERIA MELCHOR CBPS e RESTAURANTE O PORTO CBPS, os infantís/cadetes FISIOTERAPIA CINESA CBPS citábanse nos distintos pavillóns da vila boirense para disputar uns partidos amigabeis e participar na ceremonia de clausura do curso 2015-2016.

Foi unha mañá onde, máis que nunca, o de menos foron os marcadores.

Veña, que hoxe é festa

Tras xogar os seus partidos, a familia de formación do CBPS reuniuse no pavillón de Santa Baia para a ceremonia de clausura, recoller as súas merecidas medallas e dar por rematado a tempada xogade.


A ver se empeza...


Estamos todos? Pois posando que é xerundio.

Algo de xente si que había.


Primeiro así.

Despois de pé.
Despois asá.

Ao final, por fin medallados!
Así poñemos punto final a este ano de competición local. Para o ano, máis e mellor. Sempre con vós.
Grazas a nais e pais, adestradores, dirctivos e sobre todo, grazas a vós chavalada! Seguiremos medrando xuntos, que sen vós non somos nada!

Vémonos para máis rock'n roll!