martes, 10 de maio de 2016

RESUMO DO XVI TORNEO MINIBASKET CONCELLO DE VIGO

DESTACADA ACTUACIÓN DO RESTAURANTE O PORTO CBPS EN VIGO ANTE EQUIPOS DE TODA GALICIA E LEÓN.

Na nosa primeira participación no Torneo Minibasket Concello de Vigo o CBPS estivo a punto de dar a campanada e colarse a loitar polo título.


Un total de 12 equipos encadrados en 4 grupos xogaron unha primeira fase do torneo onde só primeiro clasificado de cada grupo xogaría polo título.

O noso equipo quedou encadrado no grupo con Carmelitas de Ourense e o equipo do club anfitrion "6 do Nadal  A" que era un dos favoritos para gañar o torneo.

No primeiro encontro o R. O Porto CBPS realizou un verdadeiro partidazo. O xogo colectivo brilou por encima do colectivo. Os nosos impuxéronse por 74 - 42 a Carmelitas de Ourense.
Sen descanso chegaba o momento de loitar polo primeiro posto do grupo contra o potente 6 do Nadal de Vigo. O vivido na pista foi un partidazo por ambos conxuntos. Só 1 punto de diferenza privou aos nosos de pasar de primeiros de grupo. Un 44-43 para os de Vigo foi o resultado final.

Comezaba entón a loita por chegar á final B. En semifinais os sonenses mediríanse ao Obradoiro de Santiago. Os nosos disfrutaron doutro partido axustado pero sendo superiores no último periodo e levándose a victoria por 57-53 logrando así o pase a final B onde esperaba o CAB de Pontevedra.

Na final por definir o quinto e sexto posto do torneo os de Pontevedra foron mellores de inicio a fin. Os sonense plantaron cara ata o último periodo onde os de Pontevedra sentenciaron o choque.

Destacar o gran nivel dos nosos rapaces : Miguel, Noel, Victor, Edwin, Borja, Manuel, Henok , Alberto e Samu que deron o máximo e mostraron que a liña de trababallo na formación como xogadores é a correcta.