luns, 25 de abril de 2016

RESTAURANTE O PORTO - MELCHOR CBPS CAMPIÓN DE LIGA MINIBASKET.


O RESTAURANTE O PORTO -MELCHOR CBPS CAMPIÓN DE LIGA .

O equipo formado por Miguel, Noel, Isma, Lois, Victor, Alberto, Manu, Henok , Ramón, Juan Carlos  e axudados polos preminis Alex, Leo e Samu  veñen de quedar campións de liga a falta dunha xornada.

Os rapaces de Juanto e David non coñeceron a derrota en toda a tempada mostrando unha gran superioridade no xogo con respecto ao resto de equipos. O trabalo semanal Ás ordes de Andrés e baixo a coordinación deportiva de Yago semella dar os seus froitos vista a evolución de todos os xogadores tan evidente.
O equipo xogará a fase final provincial o próximo mes de maio. Recordar que esta xeración de xóvenes xogadores leva dous anos consecutivos quedando campión provincial e intentará revalidar o título.

                                           Equipo qu eparticipou no prestixioso  torneo vila de Baiona

         NORABOA RAPACES POLA VOSA MELLORA E A SEGUIR TRABALLANDO.