mércores, 13 de abril de 2016

RESUMO DOS ENCONTROS DAS CATEGORÍAS INFERIORES

CADETE FEMININO

RÓTULOS AGEITOS CBPS

Moi bo partido do RÓTULOS AGEITOS pese a caewr derrotado na capital do Deza ante o Lalín por un 18 - 14. As chicas de andrés xogaron o mellor encontro da tempada e loitaron moitísimo paraa intentar conseguir a victoria.
Resaltar que o equipo acudíu con numerosas baixas. O adestrador local quere agradecer a entrega e compromiso das rapazas non que foi para moitas a súa tempada xogando a baloncesto.

Todo o CBPS queremos darvos as felicidades polo voso traballo.




INFANTIL FEMININO

PEDRAS E MÁRMORES PORTOSÍN CBPS

De 10 pódese calificar o encontro das chicas de Andrés que ante un rival tan duro como o Fundación Fadesa Pio XII realizaron quizas un dos mellores encontros do ano. O resultado do encontro foi un  27 - 46  para as visitantes.
O adestrador local ao remate do encontro mostrábase moi satisfeito co traballo feito e o paso adiante dado por moitas das súas xogadoras.
O CBPS quere mandar un forte abrazo e dedicarlle o bo encontro das súas compañeiras a XIMENA lesionada durante case toda a tempada. Ánimo e esperámoste pronto disfrutando con nós deste desporte.




PESCADOR BORMAR CBPS

As nosas infantiles B. O PESCADOS BORMAR  CBPS  saltaba a pista de A Salle en Santiago ca única intención de poñer en práctica o traballado pola semana. As nosas rapazas superaron a proba con éxito. Por primeira vez na tempada as perdidas de balón foron mínimas e no ataque a circulación de balón era rápida buscando 1x1 onde se quitaba ventaxa pero non se finalizaba debido a gran diferenza física entre os equipos.
O resultado foi 56 - 7 para as locais. Recordar que na primeira volta o KO era encaixado na metade do 2º cuarto e nesta ocasión no último minuto do encontro.
Parabéns rapazas.




INFANTIL MASCULINO

PACO´S MODA CBPS

Partido dos nosos chicos infantís ante o todo poderoso Peleteiro. Destacar do encontro a entrega e loita dos nosos mellorando en aspectos tácticos a nivel defensivo. En ataque os nosos rapaces tamén deron mostras de calidade con accións de verdadeiro mérito.
O resultado do encontro foi de 54-35.
Noraboa chicos.



MINIBASKET

BODEGÓN O PESCADOR CBPS E RESTAURANTE O PORTO CBPS

O equipo feminino  PESCADOR estará disputando a fase final da liga polo título ao rematar 3º na clasificación xeral. Merecidísimo posto para o único equipo feminino da competición que disputou todos os seus encontros contra equipos masculinos ou  mixtos.
Mentrés  O  PORTO quedou campión invicto de liga demostrando un moi bo nivel de xogo.
Sorte aos dous equipos na loita polo título.


PREMINIS

RESTAURANTE PORTOFINO E EXCAVACIONES DARIO

Precioso encontro o disputado polo RESTAURANTE PORTOFINO que tivo que tirar de babybasket para completar a plantilla ante o Liceo C.B. Noia.  Encontro con moitísimas canastras onde se impuso o Noia por un 51 a 56.
O EXCAVACIONES DARIO CBPS  xogou contra o Padrón o cal superou realizando un bo xogo e aportando todos os xogadores/as.




BABYBASKET

DEPORTES HERMIDA

Unha nova xornada máis de espectáculo dos máis peques onde disfrutaron do baloncesto e a amistade.