domingo, 1 de maio de 2016

NO 4º ANIVERSARIO NO C.B. PORTO DO SON TOD@S CON OTO

Xa pasaron 4 anos dende ese 1 de maio do 2012 cando un grupo de amigos decidiron crear o CBPS.
Moitos adestramentos, encontros, máis derrotas que victorias  pero máis alegrias que decepcións, moitas viaxes,obxectivos conseguidos con moitos esforzos e sacrificios,...pero sobre todo seguimos co noso valor fundamental a  ilusión. Con ilusión por mellorar, aprender e correxir erros,comprender e trablallar para que os nenos e nenas do noso Concello e arredores vexan o CBPS como un lugar onde poder formarse como mellores persoas e bos deportistas.

Hoxe que estamos de aniversario os Babybasket Deportes Hermida e o minibasket Restaurente O Porto  desprazáronse ao Milladoiro para xogar e axudar no Torneo Solidario do Milladoiro co obxectivo de recadar fondos para a operación dun rapaz.
Dende o CBPS queremos agradecer á organización por pensar no noso club para colaborar nesta inicitiva tan solidaria.

Por outra banda queremos mandar un abrazo moi especial a todos e todas as xogadoras lesionadas para unha pronta recuperación pero en especial a Ximena e a OTO.
Ximena tras moito tempo de baixa semella queestá dando os seus últimos pasos na recuperación .
Punto e aparte merece OTO o noso campión que hoxe recibíu a visita de todos os seus compañeiros de equipo no hospital os cales  leváronlle unha foto do equipo e unha camiseta da NBA para lucila o máis pronto posible nos adestramentos.
Toda familia do CBPS estamos contigo para superar as túas doenzas.
MOITO CARIÑO E ÁNIMO DE TODO O CBPS !!!!! VAMOS OTO!!!!!