luns, 14 de marzo de 2016

NOVA DERROTA POLA MÍNIMA DO TIENDAS PILLADOS.

O TIENDAS PILLADOS CBPS suma unha nova derrota pola mínima ante o ADBFontiñas por 56 a 53 aínda que para o equipo neste caso o resultado é o de menos debido a grave lesión que sufría Sergio no derradeiro instante do encontro.


O xogador referncia do equipo rompía o tendón de aquiles no último segundo do encontro e será operado este martes na Clínica a Rosaleda.


No meramente deportivo o TIENDAS PILLADOS realizou un encontro con altibaixos pero levando o dominio no electrónico durante moitos minutos do mesmo.

Os sonenses sabían que se ían atopar cun equipo que realiza unha defensa presionante a toda pista e para poder competir era clave minimizar as perdas de balón e xogar ataques lentos.
Así sucedeu durante unha gran parte do encontro, chegando a ter unha ventaxe de 7 puntos a falta de 1 minuto no último cuarto. Tres perdidas consecutivas foron convertidas en canastras dos de Santiago que devolvían a igualdade no marcador para decidirse todo no último cuarto.
Neste último periodo os sonense cargaban o xogo interior e volvían a coller unha ventaxa de 4 puntos a menos de 2 minutos que semellaba definitiva.Pero apareceu o factor decisorio nos últimos encontros, os erros nos tiros libres. Aos que si  sumamos a unha lesión de Beny  e unha perda balón con 1 arriba  nos ultimos seg fan o coctel necesario para non facerse ca victoria .
Pese a estes erros o CBPS dispuxo da última posesión para empatar o encontro .Unha tripla de Sergio errada nun tiro cómodo,o rebote saíu longo e cando parecía que Sergio podería coller o balón para outro intento chegou o tráxico suceso , na arrancada rotura do tendón.

Xogaron: Marcos, Chi , Maqui, Alvi, Pablo , Sergio, David, Chupa, Beny.

Denunciar públicamente o tempo de espera ata a chegada da ambulancia en total 1 hora e 5 minutos no centro de Santiago con Sergio deitado sobre a pista.
Agradecer por outra banda o trato recibido e a colaboración do ADB Fontiñas.

TODA A FAMILIA DO CBPS QUEREMOS MARDAR UN : ÁNIMO SERGIO!!!!