martes, 8 de marzo de 2016

Derrota do Cadete feminino Fegaba Rótulos Ageitos frente o equipo de Basketdeza (25-31).



 Unha semana máis, chegaba o Rótulos Ageitos coa espectactiva de loitar por acadar unha victoria, logo de recuperar a Sara e Ana das súas respectivas lesións, pero contando ca nova baixa de Laura por enfermidade.

Novamente o equipo cumplimentouse con distintas xogadoras do equipo infantil para poder competir frente as xogadoras do Basketdeza que se desprazou dende Lalín.

O partido asemellaba que ía ser duro, xa que o equipo visitante, so pudo presentarse con 6 xogadoras, e non sería un partido doado e con unha ampla anotación e no que a clave para decantar o partido, residía na resistencia que pudesen amosar as xogadoras do Basketdeza.

O equipo dirixido por Andrés, tratou por todos os medios atacar a zona proposta polos rivais en defensa, pero o balón non acababa de entrar en cada tiro, sen embargo, as xogadoras rivais, con poderío físico, conseguían percutir a defensa das xogadoras do CBPS.

No derradeiro cuarto decideuse o partido, sobretodo, logo das lesións de Alejandra no hombreiro  e Carmen no nocello, para o Rótulos Ageitos.

Dende a familia que forma o CBPS, desexámoslles unha pronta recuperación a Alejandra e Carmen, esperamos vervos máis cedo que tarde de novo no terreo de xogo.