mércores, 16 de marzo de 2016

X TORNEO INTERNACIONAL DE BAIONA

Este fin de semana os equipos minibasket masculino e feminino vivirán unha experiencia difícil de olvidar participando no 

X Torneo Internacional de Baiona.

 

A expedición do Restaurante O Porto- Ferreteria Melchor en masculino  e o Bodegón o Pescador  en feminio partirán o sábado 19 de marzo cara a Baiona ás 8:00 horas da mañá.
Unha vez chegados a  Vila de Baiona aloxaranse no seu hotel e seguro que xa estarán cos nervios a flor de pel para xogar o seu primeiro encontro . Os chicos farán o seu debut ás 13:00 horas e as chicas ás 14:00 horas.
Durante a tarde do sábado seguirán cos seus encontros ao igual que o longo do domingo xogando os cruces con encontros pola mañá e pola tarde.

No encontros atoparanse con moitos dos mellores equipos de Galicia e Portugal. En total participarán 24 equipos, 12 en categoría masculina e 12 en categoría feminina.
Na categoría masculina os equipos participantes serán: CB Allariz, Apóstol, CB Baiona, Bosco Salesianos Ourense, Basquet Coruña, Estudiantes Lugo, Basket Clube Limiense, Marín PeixeGalego, Novobasket Vigo, CB Porto do Son, CB Salesianos Vigo e Seis do Nadal Coia.
Na categoría feminina competirán: CB Allariz, CB Arxil, CB Baiona, Celta Bosco, Compañía de María, Basquet Coruña, Estudiantes Lugo, Basket Clube Limiense, Marín PeixeGalego, CB Porto do Son, CB Salesianos Vigo e Seis do Nadal Coia.

Os nosos equipos estarán formados polos seguintes integrantes:
RESTAURANTE O PORTO - F. MELCHOR
Miguel, Noel, Vítor, Isma, Manuel, Henok, Alberto, Lois, Juan Carlos, Borja, Dani e Edwin.
Adestradores: Andrés Cadahía e Yago López


BODEGÓN O PESCADOR :
Valeria, Mariña, María, Andrea M. ,Andrea L. ,Noa, Xiana, Cayetana, Olimpia e Martina
Adestradores: Chi e Luky



Sen dúbida o Torneo para disfrutar do Baloncesto en estado puro.A disfrutar!!!!!!!