martes, 8 de marzo de 2016

Xornada dominical de baloncesto vivida en Trapa con distintas sortes:


 Victoria na liga mini xogade dos dous equipos do CBPS.

Mentras o Restaurante Porto Masculino conseguía unha nova victoria para seguir invicto ante o Liceo Noia (42-2) ,no que todos os xogadores conseguiron anotar, o equipo do Bodegón Pescador Feminino tamén cumpría cos seus deberes na pista enfrontándose ó equipo de Riveira (52-12).

 Ámbolos dous partidos, decantaronse cedo a favor dos equipos do CBPS, sendo superiores os rivais en intensidade e no xogo despregado, polo que foron condicionados na súa forma de xogar dende o inicio podendo ver unha forma de xogo fluída entre todos os xogadores
Cabe destacar a presenza dos preminis Leo e Sara que xogaron sen desentoar co resto do equipo correspondente.  


 Sendas derrotas dos equipos Preminis:

Excavaciones Dario 10 liceo Noia 51
Restaurante Portofino 4 Cb Ribeira 44


En ámbos partidos, os nosos peques foron superados dende o inicio, sendo incapaces de igualar ós rivais, pero sen deixar de loitar ate a fin do partido.

Toca seguir traballando duro e animamos ós adestradores e xogadores a seguir con ilusión de mellorar, posto que co traballo todo acaba chegando.



Primeira victoria da tempada para o Fisioterapia Cinesia contra a Anpa O Grupo (49-21)

 Logo de traballar duro durante moito tempo, os resultados chegaron. A intensidade posta polos xogadores e o bo xogo durante o partido, reflexouse no marcador, acabando o primeiro cuarto cun parcial de 17-3 para o equipo local. Nos seguintes cuartos, a tónica de xogo sería a mesma, cun Fisioterapia Cinesia superior, aínda que os xogadores do Grupo non se deron por vencidos ate o derradeiro segundo.

 Desta victoria participaron tamén os xogadores do equipo Mini ( Miguel, Víctor e Noel) sendo claves en moitos dos aspectos do xogo, incluso logo de haber xogado un partido horas antes.


Dende o banco, celebrouse a intensidade dada por todos os xogadores para acadar esta victoria.