luns, 18 de xaneiro de 2016

A XORNADA PREVIA AO NOSO DERBI INFANTIL FEMININO

Este próximo fin de semana viviremos algo histórico o primeiro derbi entre equipos do noso club nunha competición federada.
Pero antes toca analizar o que fixeron os nosos equipos na pasada xornada.

O PEDRAS E MÁRMORES PORTOSÍN CBPS visitou a cancha de Pio XII e competiu ata o final. Pero cando as santiaguesas colleron ventaxa as nosas non foron capaces de contrarestar esa diferenza. Pero séguese a ver melloras técnicas que é o realmente importante a esta idade.
Resultado final foi de Pio XII 56- Pedras e Mármores Portosín CBPS 31.
Noraboa rapazas a seguir traballando duro.

O PESCADOS BORMAR CBPS xogaba na casa ante La Salle.
As infantís de primeiro ano realizaban un bo encontro evitando o seu segundo k.o. da competición.
Os detalles técnicos traballados durante a semana inténtanse poñer en acción e xa é todo un logro. Noraboa rapazas pola mellora amosada partido a partido.
Parciais. 2-14, 5-16, 4-1, 5-30.
O equipo conseguìu gañar o primeiro cuarto da competición. A máxima diferenza ampliouse no último cuarto pola diferenza física.


TODOS E TODAS E VIVIR O NOSO DERBI !!!!
1,2,3 PORTO DO SOOOOON!!!!!