luns, 18 de xaneiro de 2016

ENTREGA E SACRIFICIO DO RÓTULOS AGEITOS ANTE A SALLE SUPERIOR.

O equipo cadete feminino Rótulos Ageitos CBPS é todo un exemplo do significado da palabra deporte.
Para estas rapazas que se encontran no seu primeiro ano de competición e encontro tras encontro e adestramento tras adestramento dan o máximo das súas posibilades so cabe admiración.


Onte na pista ante a Salle co partido claramente resolto para as santiaguesas as nosas loitaban cada balón como se fose o máis importante da tempada.
Todos os siareiros do CBPS queren darvos a noraboa polo voso traballo e que sigades disfrutando dos adestramentos e dos encontros.

Resultado do encontro :Rótulos Ageitos 20 - La Salle 90.