luns, 25 de xaneiro de 2016

Resumo da xornada.

Comezaremos o resumo desta xornada polo equipo infantil masculino que visitaba nada máis e nada menos que ao Obradoiro.
Os nosos peques viaxaban a Santiago ca emoción que supón enfrontarse a todo un equipo de categoría inferior dun club ACB.
Ese nerviosismo plasmouse no primeiro cuarto onde os locais colleron ventaxa.
O segundo cuarto dos nosos foi espectacular pero insuficiente pois tras o descanso outra vez os locais diferenciaronse no  marcador.
Resultado do encontro : OBRADOIRO CAB 62 - PACO´S MODA CBPS 12
Noraboa rapaces e a seguir traballando.

Pola tarde dobre sesión a mesma hora. As cadetes do RÓTULOS AXEITOS CBPS xogaban na difícil cancha do Compañía de María. O resultado final marcou un 45 - 4  que sábenos a victoria.
As nosas rapazas deron un exemplo de entrega e mellora. Encaixar só 45 puntos ante o Compañía de María é unha victoria . Noraboa rapazas pola tempada que estas a realizar.



A mesma hora o TIENDAS PILLADOS  CBPS iniciaba a segunda volta da tempada na pista da Salle que se presenta coma un dos equipos fortes da liga e sobre todo na casa cando pode dispoñer de xogadores do equipo de 2ª división.
O equipo saíu moi ben á pista e levaba o control do encontro no primeiro cuarto. Os sonenses sorprendían ca defensa inicial e collían as rendas no electrónico. Os tiros de 3 puntos metían no encontro aos da Salle inclusive un no útimo segundo para marcar a difernza en 9 ao descanso.
No descanso retocouse a defensa e algún detalle do ataque.O TIENDAS PILLADOS era quen de empatar o encontro  no terceiro cuarto.
Pero volveu a maldición da pasada semana e os tiros libres foron definitivos no encontro. A Salle convertía todos e os nosos non eran capaces de anotar. 
Resultado final A SALLE 61 - PILLADOS TIENDAS DE MODA 48

Por último oprato forte da xornada, o esperado "  Noso derbi"
Os equipos infantis femininos enfrentábanse na última xornada da primeira volta da liga.
O PEDRAS E MÁRMORES PORTOSÍN realizou un gran traballo na defensa das liñas de pase en media pista e en ataque plasmaba a súa superioridade con ataques elaborabos buscando ventaxas nos cortes.
No PESCADOR BORMAR CBPS tiraban de garra e defensa para intentar contrarestar a calidade do equipo de Andrés.
O certo é que ambos equipos desplegaron un baloncesto moi vistoso e meritorio. Destacar a gran deportivadade e educación deportiva  que fixeron disfrutar á grada do Sante Irene a cal mostraba unha entrada espectacular con preto de 150 siaseiros/as.
Xornada coma a de onte tenos que facer sentir a todas e todos orgullosos/as de disfrutar do CBPS.
Agora toca seguir adestrando para aprender e mellorar de cara ao último encontro da liga rematara con "o noso derbi II"
Resultado final Pedras e Mármores Portosín 41 - Pescados Bormar 6
Noraboa rapazas !!!!!