luns, 21 de setembro de 2015

UNHA GRAN TARDE DE BALONCESTO EN NEGREIRA

Este sábado pasado tivo lugar o tradicional torneo de baloncesto con motivo das Festas De Santa Margarida de Negreira.

Por segundo ano, e invitados polo C.B. Negreira e o Concello de Negreira, un equipo mini, os infantís femenino e masculino e o sénior do CBPS participaron nesta tarde de exaltación do deporte da canastra.

Para abrir boca,  o infantil masculino PACO´S MODA CBPS, reforzado con algún alevín, xogou  contra unha selección de infantiles e cadetes do C.B. Noia.
O partido decantouse claramente do lado dos nosos queridos veciños, cun claro 56 - 22.
Aproveitamos esta crónica para  comunicarlles que Juan Filgueiras recolleu o trofeo de vencedor en nome do C.B. Noia e que llo entregaremos canto antes.
Aquí vemos a un relaxado Isaac recollendo o trofeo que lles correspondía.

Os infantiles demostrando que gañar ou perder non é o máis importante, sobre todo se fai calor e hai unha piscina a tiro.


Tras eles, unha selección mixta dos nosos minis DARIO- PORTOFINO CBPS enfrontouse ao equipo mini do club local, vencendo por un axustado 28-22.
Os dous equipos posando tralo partido antes de ir pillar unhas chuches e pegarse un chapuzón.


Tras os peques, turno para as infantiles femeninas do PEDRAS E MÁRMORES PORTOSÍN CBPS, que xogaron contra as sempre correosas rapazas do Santa Baia de Boiro. Neste partido venceron as nosas por un axustadísimo 27 - 25.

O partido foi moi disputado, coma sempre contra as boirenses.



Loreto recollendo o trofeo en nome do equipo.

As rapazas celebrando a axustada vitoria.
E para rematar esta gran tarde de baloncesto, turno para os séniors. Pese ás ausencias, da que destacamos a de Rober por running intensivo, un renovado PILLADOS TIENDAS DE MODA CBPS presentouse na pista para xogar contra un selección de ilustres negrerienses.
O partido foi amigábel pero deixou boas sensacións, vencendo os nosos por un claro 41 - 16.
Moitas caras novas, e algunha xa coñecida.

A velocidade dos nosos facía problemática un enfoque correcto.
O capitán do equipo recollía, con esa clase que lle é propia, o trofeo de xustos vencedores.

Tralo partido, os xogadores sometéronse a unha novedosa sesión de criptoterapia a para tratar de recuprarse do intenso esforzo.
En resumo, queremos agradecer ao club Baloncesto de Negreira a súa invitación, así coma ao Concello de Negreira pola organización, árbitros, mesa, público e todos os que fixeron que disfrutásemos tanto este sábado.
Dende a directiva do C.B. Porto do Son agardamos veros para o ano próximo!
Membros da directiva do C.B. Porto do Son pasándoo mal en Negreira.