domingo, 4 de outubro de 2015

O CBPS segue medrando. As chicas ao poder.

Esta tempada o CBPS contará con dous equipos infantis femininos.

Ao Pedras e Mármores Portosín que xa militou a pasada campaña na 2ª división feminina da liga fegaba o acampañará outro equipo máis do club.

O CBPS está traballando para buscar un novo patrocinador para este equipo. Se algunha empresa está interesada en colaborar co noso club levando o seu nome que non dude en poñerse en contacto con nós ( cbportodoson@gmail.com).

Dende o CBPS seguimos animando as rapazas do noso concello e limítrofes a formar parte dos nosos equipos pois aínda quedan algnhas prazas libres para completar os dous equipos.