venres, 18 de setembro de 2015

ANDRÉS CADAHÍA VAI REPRESENTAR AO C.B. PORTO DO SON NA FESTA DO BALONCESTO GALEGO

Este fin de semana terá lugar en Ourense, no Pazo dos Deportes Paco Paz , a XXX Copa Galicia “Ourense Provincia Termal”.

Dentro dos actos previstos na conmemoración desta efeméride, haberá un particularmente emotivo. 
O sábado ás 17h30, como introducción á gran final (ás 20h na TVG), a pista será tomada por ilustres veteranos do baloncesto do país. Divididos en Selección Galega Zona Norte e Selección Galega Zona Sur, un número notábel de lendas da canastra enfrontaránse nun partido amigábel para celebrar o aniversario deste prestixioso trofeo..

E nese partido o C.B. Porto do Son terá a inmensa honra de ter representación neste partido a través do seu adestrador Andrés Cadahía que, coma bó vigués, levará as cores da Selección Sur.

Para nós é un inmenso orgullo que o noso modesto club esté dalgún xeito asociado a esta gran festa do baloncesto galego. 

Grazas Andrés, e a disfrutar deste día de homenaxe ben merecido!

Máis información en : http://www.fegaba.com/actualidade/item/1912-a-xxx-copa-galicia-ourense-provincia-termal-reune-a-seleccion-galega-de-veteranos