Este venres, ás 11h30, na tenda Caracas Cenor de Noia, tenda colaboradora do CBPS e do Río Natura Monbus Obradoiro CAB, terá lugar a presentación dunha das novas fichaxes do club santiagués para esta nova tempada, o ala-pívot italo-americano Angelo Caloiaro que promete ser unha das grandes revelación da liga ACB 2015-2016.
No acto estarán presentes, xunto ao xogador, o director xeral e deportivo do Río Natura Monbus Obradoiro CAB, José Luis Mateo, así coma Ana Caruncho, directora de marketing do grupo Cenor e o noso estimado Manuel Rey, xerente da tenda e vicepresidente do grupo Cenor.
Trala rolda de prensa Angelo Caloiaro asinará autógrafos e se procederá ao sorteo dunha camiseta oficial do club santiagués dedicada por el entre os presentes.
Dende o C.B. Porto do Son invitamos a todos os membros da nosa familia baloncestística a que se acheguen e participen neste acto de promoción do noso deporte e dun dos nosos patrocinadores.
- Novas
- O Club
- Equipos base
- Junior Masc.- Fisio. Cinesia CBPS
- Cadete Fem. - Rótulos Ageitos CBPS
- Inf. Fem. - Pescados Bormar
- Parrillada A Nosa Ría
- Inf. Masc. - Pacos Moda CBPS
- Mini Masc.- Res.O Porto/Ferrt.Melchor
- Mini Fem.- Bod.O Pescador CBPS
- Premini- Excavaciones Dario CBPS
- Premini- Rest. Portofino CBPS
- Baby Basket- Deportes Hermida CBPS
- Baby Basket- Deportes Hermida CBPS
- Senior
- Horarios
- Siareir@s
- Multimedia
- Actividades
- Tenda on line