mércores, 26 de agosto de 2015

3,2,1 ARRANCAMOS!

Mañá, xoves  27 de Agosto, comeza unha nova tempada.
A cuarta tempada do noso club cargada de todo tipo de emocións pero sempre disfrutando do noso deporte e de todo o que o rodea.
O CBPS quere dar a benvida a todas as persoas novas que pasan a formar parte da nosa familia, xogadoras,xogadores, nais, pais e adestradoras e adestradores.
Este ano facemos unha aposta pola calidade cun coordinador deportivo novo encargado de progamar e analizar toda a parte técnica, Yago  López .
E apostamos pola calidade coa chegada de Andrés Cadahía, un adestrador de luxo para un club coma o noso.
Moita sorte a ambos.
Este ano teremos arredor de 13 equipos, pero estariamos encantados de aumentar o número se a demanda é maior.

4º DIVISIÓN MASCULINA
Mañá, 27 de agosto, arranca o senior de 4º división masculina, un equipo que contará con 4 juniors: Pablo, Juan, Juan Sanmamed e Jose. Acompañados con xogadores da pasada tempada coma Beny, Marcos, Chi , Boule, Pou e as novas incorporacións.
A cita será mañá, ás 21:00 horas, no polideportivo de Trapa.

INFANTIL E CADETE FEMININO
Mañá, 27 de agosto, no local social do club ( Casa da Cultura Vella de Portosín) ás 20:00 horas dará inicio a tempada cunha reunión coas nenas e nais e pais.

INFANTIL MASCULINO
Mañá, 27 de agosto, no local social do club ( Casa da Cultura Vella de Portosín) ás 20:30 horas dará inicio a tempada cunha reunión con nenos e nais e pais.