mércores, 19 de agosto de 2015

DAVID SUAREZ, UN TODOTERREO CHEGADO DE NEGREIRA

DAVID chega para reforzar o xogo interior do equipo de 4º división e para formar parte do grupo de adestradores/as do CBPS.


Un apasionado deste de deporte , xunto co seu amigo Gerpe os encargados de dinamizar o baloncesto en Negreira facendo unha magnífica lavor.
David compaxinará agora o seu concello natal co CBPS.
Como xogador ten experiencia en ligas autonómicas e de superiores categorías a nosa.

Como vimos no recente celebrado 3x3 é un pivot anotador e duro que move ben os pes cerca do aro, así coma un excelente defensor.

Como adestrador xa estivo traballando no club a finais da pasada tempada deixando momstras da súas cualidades tanto técnicas coma humanas.
David é un home de club como amosou co seu gran traballo tanto no pequebasket coma no 3x3.

Benvido a túa casa.