luns, 11 de maio de 2015

Resultados da xornada de Copa Xogade

Este sábado tocoulles aos equipos do C.B. Porto do Son desprazarse ata Boiro para xogar contra o Santa Baia os seus encontradas nesta nova xornada de Copa Xogade.

Na categoría Premini, os rapaces de Excavaciones,obras y transportes Dario CBPS, adestrados por Chechu, perdían por 59 a 19. No outro encontro da categoría, so rapaces do Portofino Hostal Restaurante Portosín CBPS dirixidos por Juan perderon por  42 a 36.

En minis, o equipo de Iago, o PACOS MODA CBPS vencía 56 - 26 contra os rapaces do Santa Baia, namentres as rapazas de Juan, oBodegón O Pescador Portosín CBPS, caían por 59 - 19.

Para rematar a xornada, na categoría infantíl, os rapaces do Tiendas Pillados CBPS de  Juanto tamén eran derrotados 52 - 14.


En números non foi unha boa xornada para os nosos equipos, pero non é a maior preocupación deste club. O que realmente importa é que as sensacións foron globalmente boas e que se segue a ver unha boa progresión na maioría dos rapaces e rapazas. E iso, máis alá das matemáticas, é o que importa.

A nosa noroba a todos e todas, e seguimos avanzado!