sábado, 9 de maio de 2015

Nova tenda de basket en Compostela

Onte pola tarde, na rúa Ramón Cabanillas de Santiago de Compostela, un dos fundadores deste club, o noso compañeiro e amigo Pío Furelos iniciaba unha nova etapa na súa vida coa apertura dunha tenda especializada en baloncesto.

Máis que unha tenda, Tiro Libre Scq pretende crear un espazo aberto para a promoción e exaltación do noso deporte.

Dende o C.B. Porto do Son queremos mardarlle unha afectuosa aperta ao noso camarada e desexarlle toda a sorte do mundo nesta nova andaina.