luns, 11 de maio de 2015

III Torneo de Santa Comba.

Onte domingo, o C.B. porto do Son participou na terceira edición do Torneo de Santa Comba cos equipos de Babybasket Deportes Hermida e Carrera Sin-Son 10K , un combinado dos equipos premini Excavaciones,obras y transportes Dario CBPS / Portofino Hostal Restaurante Portosín CBPS, e un combinado dos equipos mini Bodegón O Pescador Portosín CBPS e PACOS MODA CBPS.

O obxetivo do torneo foi, coma sempre nestes casos en que se xoga sen marcador, que os rapaces e rapazas xoguen e compitan contra outros nenos de lugares moi distintos e que, sobre todo, o pasen ben.

Globalmente, foi unha boa tarde de baloncesto de formación e os nenos o pasaraon ben.
Dende aquí queremos agradecer aos organizadores tanto a súa invitación coma a boa acollida.


En todo caso, grazas por todo e verémonos para o ano!