O encontro semellaba duro pois o equipo desprazábase só con 8 xogadores dos cales o noso mister e xogador, Juan Filgueiras saltaría a pista para disputar apenas 3 minutos con moitas molestias no pubis.
Marquiños, Juan José, Juan "Astur", Benedicto, Adriano, El Chacho e Bale foron os verdadeiros protagonistas e gladiadores que fixeron un encontro para enmarcar, xogando con moito equilibrio entre o xogo interior e o exterior onde desta vez as triplas entraban cunha facilidade asombrosa.
Resaltar aos siareiros desprazados ata a capital do queixo , onde sobre todo escoitábase a Mario levar a voz cantante dos nosos cánticos.
RESUMO DOS PERIODOS.
No primeiro cuarto noso equipo era quen de doblegar ao equipo visitante , que só dispoñía da opción de anotar ao poste baixo.
No segundo cuarto ,os sonense cambiaban a defensa dos xogadores interiores e conseguían negar as liñas de pase, roubar balóns e anotar no contrataque e chegar ao descanso con 11 puntos de ventaxa.
Tras o descanso o equipo seguíu traballando e pouco a pouco aumentou a ventaxa ata un total de 26 puntos de ventaxa.
No derradeiro cuarto o equipo relaxouse e xogou uns minutos quizais relaxados en exceso.
O equipo adícalle esta victoria a todos os compis lesionados pero en especial a David , Aaron e Dani. Ánimo chavales.
Ao resto ( Pou, Yago, Borja e Boule ) esperámosvos na pista a próxima semana