Intenso e igualado partido o disputado na tarde do domingo no pavillón de Trapa entre as sonenses e as santiaguesas.
A primeira parte foi moi igualada, con alternancias no marcador, no que ambos equipos anotaron moi pouco, xa fora polas boas defensas do rival ou por erros propios, chegándose ao descanso co marcador de 15-16 a favor do Pío XII.
A volta dos vestiarios, as visitantes aproveitáronse de varios despites locais para anotar canastas sinxelas que fixo que tomasen ventaxas no marcador entre os 8 e 10 puntos que xa mantendrían ata o final.
As rapazas sonenes mostraron moi boa actitude e intensidade todo o partido, mellorando a de anteriores partidos, pero siguen tendo que aprender e mellorar moito xogando e disrutando do baloncesto
.
Anotadoras: Loreto 15, Lucía 6, Ximena 3, Sara 4, Carla 2, Ana, Sophia, Adriana e Anahí.