martes, 20 de xaneiro de 2015

EMOCIÓN ATA O FINAL E VICTORIA DO PEDRAS E MÁRMORES PORTOSÍN

Ao Pedras e Mármores Portosín xa lle tocaba gañar tras perder en varios finais moi axustados. E así o fixo nada máis e nada menos que na casa do La Salle Proyde

La Salle Proyde 37 - Pedras e Mármores Portosín 39



As sonenses reencontráronse ca victoria despois de varias xornadas e foron quen de gañar por fin un partido cun final igualado.

As sonenses xogaron unha mala primeira parte, volvendo a regalar canastras en defensa e xogando mal en ataque, sin acadar boas xogadas para anotar. O descanso chegábase co marcador de 23-15 a favor das santiaguesas.

O regreso do vestiario, as sonenses puxéronse a defender e apretaron o marcador pero sin ser capaces de empatar nin adiantarse no marcador, acercábanse a 2 puntos e as de La Salle volvían a estirar o marcador ata acadar vantaxes de 6 e 8 puntos.

No último cuarto entraron as rapazas do Son a 4 puntos, e tras uns últimos minutos moi emocionantes as chicas do Pedras e Mármores Portosín adiantáronse no marcador a 16 segundos do final e defenderon a xogada final de forma excepcional provocando a pérdida das locais que lle daba as sonenses por fin outra victoria. 

Xogaron: Loreto 22, Lucía 10, Sara 7, Sophia, Ana, Ximena, Adriana e Mariña.