xoves, 4 de decembro de 2014

Resumo da pasada xornada de Babybasket a infantiles

O pasado domingo pola tarde en Portosín disfrutamos dunha xornada de baloncesto en idade de formación a tope.
A primeira hora da tarde os Babybasket eran os protagonistas disputando moitos o seu primeiro encontro na vida. Estes foron os protagonistas:




Despois  foi o turno dos preminis, o EXCAVACIONES DARIO xogou contra o RESTAURANTE PORTOFINO,neste encontro disfrutamos con avances que teñen os nosos xogadores e xogadoras.
Estes foron os protagonistas:


Tras estes campións e campionas foi o turno do minibasket masculino , PACO´S MODA xogou o seu encontro de liga ante o MONAGUILLOS DE PADRÓN . Un encontro onde o equipo foi de menos a máis e os rapaces de Yago seguiron mostrando a súa evolución no xogo.


Por último o PILLADOS TIENDAS DE MODA en categoría infantil fixo un bo encontro ante o TECVEM  de Padrón onde só perdeu folgos no ultmo cuarto que se veu un pouco abaixo.