En agradecemento a aposta que este evento fai apoiando ao deporte local dende o C.B. Porto do Son chamamos á participación de todos e todas nas distintas categorías. Así mesmo se non desexas correr podes colaborar igualmente facéndote voluntario/a. ( http://sinson10k.com/por-libre.html ) ou comunicándoo ao coordinador do club.
O C.B. Porto do Son facilitará a todos os nenos e nenas participantes nos equipos de base a inscrición realizándoa o propio club. Nenos e nenas nados do 2000 en adiante.
Estes nenos e nenas deberán ir acompañados por unha persoa adulta para recoller o dorsal antes da carreira.
Para os nados no 1999 ,1998 e anteriores deben comunicar a súa participación ao coordinador deportivo.
Xa sabedes o 21 de decembro , o baloncesto corre polas rúas de Porto do Son.