luns, 8 de decembro de 2014

O PILLADOS TIENDAS DE MODA non foi quen de gañar ante un intenso ADB FONTIÑAS

Os inicios do 1º e 2º cuarto xunto ca sequía anotadora do 3º cuarto condicionaron o resultado do encontro.
Volvía o baloncesto a Porto do Son despois de tres semanas ,dúas xornadas fóra da casa sumada a unha de descanso.
O rival non era doado,o ADB FONTIÑAS, un equipo composto de xogadores novos con talento e dirixidos por un gran adestrador como Fernando Díaz.

O PILLADOS sabía que os santiagueses presionarían durante todo o encontro polo que era moi importante saír centrados e non ter perdas de balón que xenerasen ventaxas no electrónico.
Pero foi precisamente eso o que marcou o encontro ao inicio do 1º e 2º cuarto, cas perdas de balón ao non ser capaces de saír da presión que facían os visitantes. Chegando a facer parciais de 10 puntos de ventaxa.
O Pillados de todas maneiras volvíase a meter de cheo no encontro chegando ao descanso cunha desventaxa de 28 - 37.
No terceiro cuarto o equipo parecía que comezaba ben pero esta vez foi a pelota que non quiso entrar na canastra, faiando os chicos do PILLADOS canastras doadas e facendo que os santiagueses collesen unha ventxa xa definitiva.
Pese ao resultado o xogo dos sonense mellorou moitísimo con respeto aos anteriores encontros e pouco a pouco o equipo estase a facer, no futuro chegarán resultados positivos.

XOGARON: Bale, Aaron, Beny 7, Boule 2, Borjita Del Moran 6, Juanto 6, Adri  3, Chechu 2 Pou, Chi e Filgueiras 17.

Parciais: 14-16, 14-21, 5-12, 10-13

Resaltar a boa entrada rexistrada no Santa Irene con preto de 100 persoas, onde o público disfrutou dun enocontro de baloncesto intenso, con accións  espectaculares e nun partido moi deportivo.

O C.B. PORTO DO SON quere agrader a presenza a  todos e todas as persoas que asistiron a animar ao equipo.