C.B. PADRÓN TECVEM 64 – PILLADOS
TIENDAS DE MODA 45
Encontro da 4º divisón masculina
,disputado na tarde do sábado ás 20:00 horas en Padrón.
O PILLADOS TIENDAS DE MODA volveu a
caer nos mesmos erros que en xornadas anteriores, os desaxustes
defensivos e a mala porcentaxe no tiro foron suficientes para que os
locais se levasen o encontro.
Encontrouse o PILLADOS cun equipo moi
cerrado en defensa, que plantexou unha zona 2-3 durante os corenta
minutos.
Esta defensa en zona foi a causante
das primeiras ventaxas pois o Pillados non atacaba con claridade
tirando ao límite da posesión en moitas ocasións.
Pouco a pouco o ataque dos sonenses
melloraba , a circulación de balón era máis rápida ao mellorar as
liñas de pase e o xogo cos homes interiores era máis doado. Pero
como en xornadas anteriores a diferencia no marcador estaba marcaba
pola porcentaxe nos tiros . Os de Padrón cun Nando que anotaba cada
tiro que realizaba collían unha ventaxa de 8 puntos ao final do
cuarto 18-10.
O segundo cuarto xa ca medida tomada á
defensa en zona amosábase igualado e remataba cun parcial de 17 –
15.
No descanso os sonenses seguían
analizando o ataque, buscaban mellorar pequenos aspectos, e insistir
en que a defensa debería ser moito máis dura.
Parecía que salían ca lección
aprendida e o PILLADOS recortaba distancias ata poñerse a só 6
puntos de desventaxa,pero foi nese intre tras un tempo morto local
cando tres minutos fatídicos sentenciaron o encontro, malos ataques
e fallos garrafales na defensa facían que o Padrón se marchase no
electrónico.
O último cuarto foi un querer e non
poder, pero os xogadores sonenses loitaron ata o último segundo.
Parciais: 18 – 10, 17 – 15, 19 –
14, 10 – 6
O PRÓXIMO ENCONTRO SERÁ NA CASA O 7
DE DECEMBRO,POIS NA SEGUINTE XORNADA TÓCALLE DESCANSAR.