Pedras e Marmores Portosín 45 - La Salle Proyde 48
O Pedras e Mármores Portosín empezou dominando o partido nos primeiros minutos, pechando ben a súa defensa ainda que con problemas para anotar, con 7-2 ao seu favor produciuse un colapso no seu xogo que as levou a encaixar un parcial de 2-14.
O segundo cuarto continuou polos mesmos derroteiros, dominio de La Salle e mal xogo por parte das locais, incapaces de atacar ben e concedendo canastras moi fáciles, chegando ao descanso cun marcador de 19-28.
O terceiro cuarto comezou con dúas canastras de La Salle que elevou a diferencia a 13 puntos, a partir de ai chegou a reacción das sonenses encabezada por Loreto autora de 18 puntos que as levou a facer un parcial de 15-2 co que o terceiro cuarto rematou cun empate a 34, quedando todo aberto para o último cuarto.
O último cuarto foi moi igualado, cas sonenses liderando sempre o marcador con ventaxas moi curtas, con 43-40 entrabase nos dous últimos minutos o Pedras e Mármores Portosín tirou pola borda todo o traballo feito para remontar, permitindo canastras fáciles e cometendo dúas infraccións por pasos en ataque que o levou a perder por 45 a 48.