PILLADOS TIENDAS DE MODA 36 - CHURRASQUERÍA ORLY A ESTRADA 47
O PILLADOS TIENDAS DE MODA ACUSOU AS BAIXAS E A LESIÓN DE MARCOS DURANTE O ENCONTRO.
NO ÚLTIMO CUARTO NON FOI QUEN DE AGUANTAR O RITMO IMPOSTO POLA ESTRADA.
Das baixas iniciais de David, Boule ,Chechu e Yago houbo que sumar a de Marcos, un dos xogadores máis en forma nos primeiros encontros que por unha lesión no tobillo tivo que abamdonar o encontro.
Foi un encontro moi igualado ata case rematado o último cuarto onde os do Son caeron en precipitacións, perdas de balóns na saída do contrataque que daban lugar a canastras fáciles e unha mala selección no xogo de ataque.
No primeiro periodo os dous equipos realizaron un xogo vistoso con moita orde e boas defensas o que daba lugar a un tanteo baixo. Chegándose a finais do cuarto cun 8 - 8 .
Durante o segundo cuarto a dinámica foi a mesma pero con mellores sensacións no xogo para o PILLADOS, ao que só lle faltaba a fortuna de anotar. O PILLADOS faiaba canastras cómodas e moitos tiros libres.
Pero a mediados do cuarto chegou a lesión de Marcos, o base sonense lesionábase e o equipo tíñase que recompoñer.
Chegábase ao descanso cun 17 - 20 para os da Estrada e todo por decidir.
Con CHI e o juvenil JUAN BALE levando o mando do equipo de maneira moi positiva.
O Pillados tiendas de moda seguía agarrado ao encontro. O xogo interior semellaba a baza a xogar polos sonenses. Pero o balón chegaba con dificultade aos pivots e o tiro exterior non funcionou o que fixo que os da Estrada a falta de 3 minutos para o final do encontro se marchasen por 7 puntos de diferenza. As prisa e imprecisión fixeron o resto para que os rivais se fixeran cunha victoria merecida.
Sinalar o cerca do centenar de persoas que animaron ao equipo ata o final.
Xogaron: BALE 2, BORJITA 3, AARON, MARCOS 2, CHI, POU, JUANTO 2, BENY 6 , DANI 8, ADRIAN 13.