xoves, 6 de novembro de 2014

PREVÍA DO PILLADOS TIENDAS DE MODA - CHURRASQUERÍA ORLY .

Volve o baloncesto de 4ª división a Porto do Son. 

O próximo sábado 8 de novenbro ás 20:00 horas en Portosín o PILLADOS TIENDAS DE MODA disputará a terceira xornada de liga tras o parón do fin de semana pasado.
Esta semana recibiremos a visita do CRURRASQUERIA ORLY  da Estrada.



O encontro disputarase en Portosín por motivos organizativos, espérase unha moi boa afluencia de público que axude ao equipo a conseguir a victoria. Con anterioridade dende as 5 da tarde haberá encontros das categorías inferiores.

O PILLADOS TIENDAS DE MODA terá en fronte un rival moi difícil, de feito conta os seus dous encontros disputados como victorias. O equipo da Estrada é o filial do equipo de 1ª Divisón Nacional contando nas súas filas con xogadores xovenes que combinan ambos equipos.



O PILLADOS TIENDAS DE MODA terá sen dúbida un encontro moi similar ao disputado na anterior xornada, terá que ser quen de facerse co ritmo do enocntro, superar defensas agresivas e ter a paciencia suficiente en ataque para encontrar as ventaxas no xogo.

Para este fin de semana en Portosín ás 20:00 horas o adestrador local contará cos seguines xogadores:
Marcos ,Chi, Juan Mariño, Aarón, Borjita, Adrián, Beny, Dani, Juanto, Pou e David.
Causan baixa: Yago e Chechu por lesión e Boule.