mércores, 12 de novembro de 2014

CRÓNICA PEDRAS E MÁRMORES PORTOSÍN

Pío XII 56 -  Pedras e Mármores Portosín 15


Derrota das chicas sonenses adestradas por Javier Beiro e Chi, aÍnda que o marcador foi demasiado abultado para o traballo realizado.

A dous minutos do descanso o marcador sinalaba un 15-7 .Pero a partir deste intre o cansancio acumulado fixo mella nas xogadoras posto que só puideron viaxar 8 estanndo algunha delas enferma. Se a esto lle sumamos os problemas cas faltas personales neses dous minutos Pio XII fixo un parcial de 10-0 que puxo o 25-7 ao descanso. Este parcial terminou por desmoralizar ás sonenses.





A segunda parte trascurreu polo mesmo camiño ata o marcador final, moi esaxerado para os méritos das sonenses, aínda que tamén hai que poñer no seu debe o fallo de canastas moi fáciles debaixo de canasta.

Toca seguir mellorando para afrontar o próximo partido, domingo 16 de novembro as 17 horas no Pavillón David Vidal de Portosín.

Consulta a galería de imaxes en: PIO XII- PEDRAS E MÁRMORES PORTOSÍN