As sonenses fixeronse ca vitoria nun partido moi igualado ata o descanso ao que se chegou cun marcador de 16-17, para ir collendo diferencias entorno os 6-8 puntos no terceiro cuarto e que se mantiveron no último cuarto.
As rapazas do Pedras e Mármores Portosín melloraron en líneas xerais tralo anterior partido ante Peleteiro, foron máis intensas, pecharon mellor o rebote, non tiveron tantas pérdidas de balón que facilitasen as canastas das riveirenses. E sobre todo non se viñeron abaixo tras ver como as de Riveira se poñían por diante durante o segundo cuarto ao ser as sonenses incapaces de defender os bloqueos das riveirenses.
Destacar tamén que ata oito xogadoras do Pedras e Mármores Portosín foron quen de anotar e a participación de dúas xogadoras de categoría Mini como Carmen e Andrea.
Anotadoras: Loreto 8, Sophia 5, Sara 4, Lucía 4, Ana 4, Ximena 2, Anahí 2 e Carmen 2, Adriana, Andrea,
Noraboa ás rapazas e a seguir adestrando forte para non deixar de mellorar.
O próximo partido será ante o Fedesa Pío XII o fin de semana do 8-9 de novembro en Santiago.
CONSULTA A GALERÍA DE FOTOS DO ENCONTRO EN: https://plus.google.com/photos/111800590719245444524/albums/6074209682689498833