luns, 27 de outubro de 2014

O PILLADOS TIENDAS DE MODA case dá a sorpresa na casa do campión da tempada pasada.

Encontro de 4º división senior masculina.

LA SALLE BONABAL 51 - PILLADOS TIENDAS DE MODA 43

PARCIAIS: 14-9, 8-6, 8-11,21-17. DESCANSO 22-15.

ANOTADORES DO PILLADOS TIENDAS DE MODA: 

POUSO 5, ADRIAN 11, MARCOS 11, BENY 4, AARON  , CINCO INICIAL . JUAN 2 , CHI, DAVID, BORJA, JUANTO 1, BULE 3, DANI 6.



Segundo encontro de liga con visita á pista do actual campión da tempada pasada.
A priori nunha das pistas máis dificiles da competición.
A Salle un equipo con xogadores moi novos e moi físicos, o ritmo do encontro previase alto e con ataque rápidos.

O PILLADOS TIENDAS DE MODA, plantexaba o encontro de forma que se poidese facer co mando e ritmo do encontro.O adestrador insistía en cargar moito o rebote de ataque  para retardar o contataque e realizar os sistemas de ataque ata o final para xogar moitos balóns interiores e poder impoñer a diferenza de quilos na pintura.

O PILLADOS TIENDAS DE MODA entrou máis centrado no encontro poñéndose nos primeiros minutos por diante e dominando o xogo nos dous taboleiros. Só nos últimos minutos do primeiro cuarto os locais collían unha mínima ventaxa por erros na defensa dos bloqueos.
Tras a corrección da defensa dos bloqueos directos o PILLADOS  volveu a engancharse ao encontro. 
Nos últimos minutos do segundo cuarto os sonenses cambiaron a defensa en zoa, conseguindo deixar sen anotar no que restaba de cuarto ao rival.Só a mala fortuna nos lanzamentos e de novo os erros nos tiros libres impedían que os sonenses poidesen poñerse por diante.

Chegábase así ao descanso e as sensacións eran boas. Parecía que correxindo algunhas pequenas cousas a victoria incluso podería chegar.

No terceiro cuarto o equipo sonense dominaba o xogo chegando a igualar o marcador e quedando todo por decidir no último cuarto.

Un último cuarto con moita máis anotación que os anteriores. oOencontro mantívose igualado ata os últimos dous minutos aos que se chegaba cunha desventaxa de tan só 2 puntos. Pero dous despistes defensivos que daban lugar a dúas triplas e un par de perdidas en ataques precipitados marcaron a diferenza final.



O adestrador local fai un balance moi positivo do encontro ,onde todos os xogadores aportaron e o equipo competiu moi ben ata o final tendo unha enorme marxe de mellora.

O C.B. Porto do Son quere agrader a presenza no graderio dos aficionados sonenses que se desprzarona Santiago a apoiar ao equipo ata o final.