martes, 28 de outubro de 2014

INICIO DA COMPETICIÓN INFANTIL . O PILLADOS TIENDAS DE MODA NON FOI QUEN DE SUPERAR AO NEGREIRA.

Na mañán do pasado sábado en Portosín, xogábase o primeiro encontro de liga da categoría infantil cadete.
O PILLADOS TIENDAS DE MODA enfrontábase ao C.B. Negreira, un conxunto que conta co xogador máis alto da categoría e un dos mellores bases.
En liñas xerais ,un bo encontro de baloncesto de formación por ambos conxuntos,primando o progreso dos xogadores ante as tácticas colectivas.

Os nosos rapaces saían á pista ca mente posta no partido de pretempada onde foron superados con moita facilidade polos de Negreira. Pero pronto se decataron que podían competir se defendían duro,cerrando o rebote e xogando con orde e sentido en ataque.
E pouco a pouco foron entrando no encontro ata acabar o primeiro cuarto cun 10 - 8 ao seu favor.

No segundo cuarto o base de Negreira convertiuse no dominador do encontro anotando con facilidade. Se a esto lle sumamos a presión da defensa individual do equipo visitante que provocaba perdas de balón cerca da canastra o que facía que os visitantes acabasen o cuarto cun parcial de 6 - 15 . Chegándose ao descanso cun 16-23.

O terceiro cuarto era un calco do segundo. Seguían as penetracións doadas dos de Negreira e faios en ataque dos sonense que lle daban outro parcial a favor dos visitantes de 6 - 16 .

No último cuarto os chicos do PILLADOS TIENDAS DE MODA reaccionaban e cunha mellora en defensa conseguían reducir a diferenza, impoñéndose cun parcial de 16-6.  Chegando así  ao 38-47 definitivo.

Xogaron polo PILLADOS TIENDAS DE MODA: Jorge, Carlos 8, Pablo 14,Moledo, Miguel 8, Adrián, Kevín e Juan 8.