xoves, 12 de xuño de 2014

Tres representantes do C.B. Porto do Son no curso de iniciación de adestradores.

Este fin de semana arranca o curso de adestradores de nivel de iniciación organizado pola FEGABA en Santiago de Compostela cunha duración de dúas semanas.

Juan Trillo ( Chi ), Cristian Carou e Javier Beiro asistirán ao curso para seguir completando a súa formación como adestradores.
O C.B. Porto do Son mantén a súa política de aposta pola formación e axudará con becas aos asistentes.
O futuro do noso club pasa pola formación dos adestradores e a calidade dos adestramentos, polo que desexamos que a asistencia ao curso sexa satisfactoría e podades compartir as vosas aprendizaxes cos vosos rapaces e rapazas.

Moita sorte adestradores!!!!