xoves, 19 de xuño de 2014

TRES MEMBROS DO CB.PORTO DO SON NA SELECCION SANTIAGUESA .

Tres membros do Cb. Porto do Son están citados coa selección santiaguesa premini, na XUNTANZA DE SELECCIONES ZONAIS PREMINI que se disputará o vindeiro 22 de Xuño no Pavillón Municipal Monte da Vila de O Grove. A dito evento acudirán representado o noso club:

MIGUEL GIL RODRIGUEZ (SELECCION PREMINI MASCULINA)
VICTOR MOLINOS SOBRADO (SELECCION PREMINI MASCULINA)
IAGO LÓPEZ FERNÁNDEZ (CORPO TÉCNICO SELECCIÓN PREMINI FEMININA)



Todos/as os/as xogadores/as convocados/as están citados ás 09:00 h para as dúas Seleccións. Todos/as os/as xogadores/as deberán vir provistos da roupa deportiva axeitada para todo o día, así como roupa para ducharse no pavillón, a FGB proveerá aos/as xogadores/as dunha equipación para xogar todos os partidos.

A Selección Masculina, medirase aos combinados de Arousa (9,30 h),  Ourense (13,15 h) e Coruña (19,15 h), mientras que a Feminina, vérase as caras con Arousa Norte (9.30 h) Vigo (12.00 h) e Arousa Sur (18.00 h)

A concentración rematará ás 19:30h para á Selección Zonal Santiago Feminina e ás 20:30 h para a Selección Zonal Santiago Masculina. do mesmo día, hora estipulada para recoller aos seus fillos/as, no pavillón de xogo achegándose ao Responsable do Grupo(adestrador da selección Zonal correspondente) e facilitando o nome do seu fillo/a para que non existan incidencias.
Pavillón Municipal Monte da Vila de O Grove (R/Monte da Vila S/N-36980), en O Grove.

NORABOA OS TRES!!!, OS VOSOS ÉXITOS, SON OS NOSOS ÉXITOS!!

CONSULTA O LISTADO COMPLETO DE AMBAS SELECCIONS AQUÍ