A FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO organizará o próximo sábado 14 de xuño o CETI Autonómico para xogadores/as nados 1999.
Os mellores xogadores/as en idade cadete de toda Galicia estarán presentes no Pavillón do Santa Irene.
O C.B. Porto do son e Concello de Porto do Son colaborarán ca FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO e agradece a confianza depositada no noso club para realizar dito acto.
A convocatoria Femenina está citada para adestrar de 16:00h a 18:00h e a convocatoria Masculina adestrará de 18:00h a 20:00h,
Os adestradores destes dous grupos serán Pepe Vázquez na Feminina e César Iglesias na Masculina.
O C.B. Porto do Son e Concello de Porto do Son desexa unha feliz estancia a todos os participantes e familiares.