martes, 29 de abril de 2014

Peche de liga do Carreira Sin Son, na primeira tempada dos nosos xogando ao baloncesto.

Santa Baia Tarrío 51 - CBPS Sin-Son  32


Derrota clara dos rapaces no partido disputado o domingo a mañán en Boiro. O partido comenzou igualado, pero no segundo cuarto o equipo boirense despegouse no marcador, ante a pasividade dos sonenses, que non mostraban ningunha intensidade no seu xogo e daban moitas facilidades para que o rival puidese anotar.

No 3º e 4º cuarto os sonenses apretaron un pouco e reduciron a diferencia no marcador pero a posibilidade de remontar desvaneceuse nun moi mal quinto período.

O último período foi igualado e os nosos rapaces non puideron acercarse no tanteo. 

O equipo debe mostrar moita máis intensidade e gañas en defensa, non solo debe pensar en anotar canastas.