martes, 29 de abril de 2014

O Asesoría Sanmamed pecha unha gran tempada cun partidazo

Santa Baia Kirs 46 - CBPS Asesoría Sanmamed 61


Gran triunfo das rapazas do Son no último partido de Liga. O primeiro cuarto rematou a favor do noso equipo por 8-4, o segundo cuarto resultou desastroso para as nosas, despistes e desaxustes leváronnas a encaixar un 20-0 que puxo o equipo local 16 puntos arriba. 

A partir do terceiro cuarto, as sonenses comenzaron unha remontada espectacular no marcador e a amosar moi bos momentos de xogo, tanto en defensa como en ataque, ata o remate do partido no que acabaron ganando por quince puntos.

Destacar que por primeira vez as sonenses rebasaron os 50 puntos o seu favor, polo que o seu adestrador terá que cumplir ca promesa que fixo mediada nos comenzos da tempada.

Noraboa rapazas.