xoves, 24 de abril de 2014

O RESTAURANTE PORTOFINO XOGARÁ A FINAL DE COPA FRONTE AO POBRA

O domingo ás 11:00 no polideportivo Santa Baia en Boiro o RESTAURANTE PORTOFINO xogará a final de Copa. Este equipo xa gañou a liga sen coñecer a derrota.
Os rapaces de Luky de conseguir a victoria acabarán toda a tempada invictos. Pero non será doado pois enfrente estará o Pobra un equipo con moito potencial.

Ánimo rapaces e rapazas.