luns, 17 de marzo de 2014

O Restaurante Portofino campión de liga invicto.

O premini verde Restaurante Portofino proclamouse campión de liga invicto. 

Cun total de 9 partidos ganados en outros 9 encontros .

Só os compañeiros/as do premini laranxa os puxeron en apuros aos que venceron por 4 puntos de diferenza.


Este pasado fin de semana o premini verde tiña dúas opurtunidades para acadar o liderato chegáballe unha soa victoria e no primeiro intento o lograban.



O venres a tarde na Pobra o equipo xogou un partido moi bo.Con xogadas onde todos se pasaban o balón e con boas defensas se meter as mans e traballando moi ben o corpo e os desprazamentos defensivos. 
O Restaurante Portofino xogaba en todos os periodos con un ou maximo dous xgadores benxamín e o resto prebenxamín, agás no 5 onde colleu a suficiente ventaxe como para gañar o encontro e proclamarse campión de liga.O resultado final do partido foi 34 - 50


O domingo os nosos foron moi superiores ao Santa Baia e vencía por un 6 - 39. Sinalar o debut de Dani que xogaba o seu primeiro partido con tan só 5 anos.


Luky ,adestrador do Restaurante Portofino.

Noraboa a todos e a todas polo campionato e a seguir traballando e mellorando.O importante é que aprendades e disfrutedes co BALONCESTO.