luns, 17 de marzo de 2014

CRÓNICAS PREMINI LARANXA

O premini laranxa disputou dous encontros o pasado fin de semana. 

O sábado desprazouse a Padrón para xogar un partido aprazado. O equipo viaxou con tan só 8 xogadoras /es e ca decisión dos técnicos do club de que non xogase Victor, sen dúbida o pilar do equipo e un dos xogadores máis decisivos da competición. Esta nova situación facía que o resto de integrantes do equipo tivesen que asumir máis protagonismo no xogo. E así resultou, o equipo pelexou ata o final do encontro cun Padrón superior.O resultado final do encontro foi de 46 -30.
Destacar a deportividade do encontro, e a merenda que recibiron de agasaio por parte do equipo de Padrón.


O domingo pola mañán volvían a xogar as chicas e chicos do premini laranxa. Esta vez contra o Ribeira o segundo clasificado da liga. Unha gran superioridade física xunto co cansanzo do día anterior e ser só oito no encontro fixo que a victoria fose moi clara para os de Ribeira 66 - 16.
O equipo acabou a liga nun meritorio quinto lugar, perdendo tan só 4 encontros dos cales en tres por decisión técnica os xogadores preminis de 2º ano subiron a xogar co mini non participando co seu equipo.



Noraboa a todos e todas pola liga e agora a disfrutar da copa.