martes, 18 de marzo de 2014

Gran encontro do Carreira Sin -Son ante o lider

O equipo minibasket Carreira Sin -Son 14 foi quen de poñer en apuros ao lider. 

Carreira Sin - Son 18 - C.B. Padrón 25

Presentábase o equipo sonense con todos os seus xogadores agás  Marcos que foi substituido por o benxamín Victor.

De inicio o ter 12 xogadores é unha gran noticia pois quere decir que hai canteira e afición polo deporte da canasta pero a hora de competir dificulta máis as cousas. Todos os xogadores xogaron mínimo  dous períodos estando todos a un alto nivel.

O equipo de Padrón sen lugar a dúbida é un dos mellores do campionato , é un equipo que anota moitísimos puntos pero esta vez os sonenses conseguiron deixalo en só 25 puntos.



Os sonenses realizaron unha presión a toda pista moi intensa que daba lugar a recuperacións e canastras doadas a contra. O tamaño da pista de xogo tamén favorecía o noso xogo ,pois era grande e permitía ter moitos espazos para xogar 1x1 .
Cun equipo moi centrado os sonense collían unha renda de 12-4 que só se víu reducida no 4 e 5 cuarto pola rotación dos xogadores locais e a continuidade na pista dos xogadores máis determinantes de Padrón ao ter que facer menos rotacións.
De todas formas no último período o equipo tivo varias accións para remontar e poñerse por diante pero non foi capaz.
O club quere destacar o bo partido de todos os xogadores e o gran traballo tanto a nivel físico como táctico.
A próxima cita será o sábado á tarde en Negreira con horario por determinar.