martes, 18 de marzo de 2014

CETI en Portosín o domingo 23 de marzo

O próximo domingo 23 de marzo no Pavillón David Vidal de Portosin, terá lugar un  adestramto do CETI ( Centro de tecnificación itinerante ) para as categorías minibasket e preminibasket.

Os horarios serán:
              
       - Minibasket  masculino e feminino (2002/2003), de 16.00 a 17.30 horas 
       - Preminibasket masculino e feminino (2004/2005), de 17.45 a 19.15 horas

Os participantes serán un máximo de cinco por categoría e Club, deben de acudir ca Autorización firmada.

Os adestradores  informarán que nenos e nenas asistirán.
O C.B. Porto do Son tamén estará presente cos seus adestradores.