martes, 11 de marzo de 2014

Dobre victoria do Resturante Portofino.

O Restaurante Portofino disputou dous encontros no pasado fin de semana. 

O sábado xogaba co C.B. Ribeira, o outro equipo que chegaba invicto á penúltima xornada de liga. 
Presumíase un encontro moi igualado pero os sonenses romperon o encontro no primeiro cuarto cun parcial de 12 - 0 que foi un lastre durante todo o encontro para os ribeirenses.

O Restaurante  Portofino xogou un moi bo encontro onde se viron detalles técnicos de calidade, saídas con bote con ambas mans, cambios de man de diferentes formas, entradas a canastra pola dereita e esquerda ...

O resultado final do encontro foi : 
RETAURANTE PORTOFINO CBPS VERDE 34 - C.B. RIBEIRA 18.




O domingo volvía a xogar o equipo pero esta vez diante do Padrón.Tras un primeiro periodo igualado que terminaba cun 4 -4 no marcador ,foi no segundo periodo cando se rompeu o encontro cun parcial de 16 -0.
O xogo en equipo foi a clave deste encontro onde todos os xogadores anotaron canastras.

O resultado final do encontro foi: 
RESTAURANTE PORTOFINO CBPS VERDE 44 - C.B. PADRÓN 13.

Ao Restaurante Portofino réstanlle dous encontros para rematar a liga, un aprazado que xogará contra  a Pobra o venres ás 18:30 na Pobra  e o domingo en Boiro contra o Santa Baia . De gañar un dos dous encontros o equipo será o campión da competición.