martes, 11 de marzo de 2014

O ASESORÍA SANMAMED PERDEU POR UN PUNTO TRAS DÚAS PRORROGAS

O PARTIDO MÁIS EMOCIONANTE DA XORNADA

O Asesoría Sanmamed CBPS Laranxa perdeu por 23 - 24 nun encontro que necesitou de dúas prorrogas.
Un auténtico partidazo o vivido o domingo á mañán en Portosín , defensas pesionantes a toda pista, intensidade, xogadas espectaculares , canastras con finalizacións moi  boas,... o partido tivo todos os ingredientes para disfrutar do baloncesto ,pero aínda así reservounos dúas prorrogas para darlle emoción ao máximo.

O equipo de Santa Baia Boinersa foi mamdando todo o enocntro no electrónico con ventaxas mínimas.
No quinto periodo os de Boiro cun 20 a 14 collían unha ventaxa que semellaba definitiva pero un sexto período espectacular do Asesoría Sanmamed remontaba e cun parcial de 8-0 conseguía o empate chegando así á prorroga.

Cun 22-22 fianlizaba a primeira prorroga.
Na segunda os sonense adiantábansen cun tiro libre anotado e cando todo parecía resolto unha canastra de media distancia dáballe a distancia necesaria no marcador aos de Boiro para facerse ca victoria aínda que os sonense dispuxeron dun último ataque .