luns, 10 de marzo de 2014

CRÓNICA PREMINI LARANXA - ANPA O GRUPO

 C.B. PORTO DO SON LARANXA  45 - ANPA O GRUPO 26


Bo encontro o disputado polo premini Laranxa ante un difícil rival como sempre é o ANPA O Grupo.
Co equipo ao completo Marta,Mar,Sara,Álvaro,Xiana,Fran,Mariña,Victor,Olimpia,Alex ,Jaime Ramón  e Lucas tiña unha difícil tarefa o noso adestrador Jerry para repartir minutos.


Todos os nenos e nenas participaron na consecución da victoria poñendo o seu grao de area.
Destacar varias canastras dos máis pequenos do grupo de 1º ano de priminibasket.

O equipo segue a medrar na colocación na pista e  no xogo colectivo a pases . Moitísimo mérito para o noso conxunto que a falta de dous encontros para finalizar a liga  só perdeu contra o outro premini noso, o Restaurante Portofino CBPS Verde.

O próximo fin de semana o equipo xogará o sábado as 17:00 en Padrón e o domingo á mañán en Boiro.
Se alguén tivese dificultade para asistir a algún encontro que o comunique para organizarnos. Gracias.