mércores, 19 de marzo de 2014

Crónica do ASESORÍA SANMAMED

Non foi o mellor partido da tempada o xogado polo Asesoria Sanmamed na mañan de domingo ante o Santa Baia Tarrio que rematou cun resultado de 47-20.

As rapazas empezaron totalmente descentradas, regalando canastas sencillas ao rival, nin siquera defenderon ca sua intensidade habitual. Nun primeiro momento incluso se lles veu faltas de ganas que despois foron suplidas por un esforzo extra.

Ao final do 4º período o resultado era de 35-8. Nos dous últimos cuartos si demostraron unha melloría, defendendo máis, reboteando mellor e circulando con fluidez o balón en ataque, co que conseguiron que os dous últimos cuartos a diferencia non incrementase.

Resaltar, o debut de Melanie como xogadora do Asesoría Sanmamed, benvida o teu equipo e o club.

Tanto as rapazas como o seu entrenador deberán mellorar moito, para incrementar o nivel de xogo e de intensidade para os vindeiros partidos de liga e os torneos que nos agardan en Xixón e Vilagarcía.


Polo tanto so queda adestrar , adestrar e mellorar.Ánimo chicas.