luns, 27 de xaneiro de 2014

Orgullosos do traballo e entrega do FISIOTERAPÍA CINESIA

FISIOTERAPIA CINESIA CB Porto do Son 20 - 64 Enseñanza

Segundo encontro da segunda volta da liga Fegaba de 2ª división masculina.
 
 
 
 
 
Resaltar o apoio do público que se desprazou ata o polideportivo de Trapa e arropou ao equipo durante todo o encontro.
 
 
 
 
 
 
 
Moi bo partido o desputado este sábado polos cadetes do FISIOTERAPIA CINESIA, a pesar do abultado resultado.
 
Loitaron os sonenses durante todo o encontro  dunha forma descomunal, a pesar das numerosas baixas que provocaron que Marcos e Iago só tiveran a 6 xogadores dispoñibles. 
 Os santiagueses plantexaron unha defensa presionante a toda pista xa de inicio a fin. E desta vez sí, notouse o traballo nos adestramentos xa que os sonenses lograron saír moitas veces da presión e mover o balón ata conseguir boas opcións de lanzamentos a canastra. Sen embargo, a efectividade de cara ó aro segue a ser o punto débil do equipo.
O equipo seguirá a traballar para intentar competir encontro a encontro e intentar ganar un partido nesta a súa primeira tempada. O obxectivo semella complicado pero non cesarán no intento ata o final.
 
Marcos e Iago sairon moi contentos co traballo realizado no encontro.
 
 
 
 

Xogaron e anotaron: Jorge, Kevin, Aaron (9), Juan Mariño (7), Pablo (2) e Carlos (2).Baixa por lesión Xoel, Miguel, Juan e André.